CRTVG

Buscar

A bolsa española rexistra a terceira maior suba do ano ao gañar o 4,7 %

Publicado o 18/05/2020 19:45
A bolsa española rexistra a terceira maior suba do ano ao gañar o 4,7 %


 A bolsa española gañou este luns o 4,7 %, a terceira maior subida do ano, e achegouse aos 6.800 puntos animada polo avance dos mercados internacionais, a alza do prezo do petróleo e a volta á actividade de moitas economías paralizadas polas medidas de confinamento contra a COVID-19.

O índice de referencia do parqué nacional, o IBEX 35, con só dúas compañías en negativo, sumou 304,4 puntos nesta sesión, ese 4,7 %, ata 6.779,3 puntos. As perdas anuais descenden ata o 29,01 %. No resto Europa, Frankfurt subiu o 5,67 %; París, o 5,16 %; Londres, o 4,29 %; e Milán, o 3,26 %.

A bolsa tamén rebotou ao contar co apoio da Reserva Federal , xa que o seu presidente, Jerome Powell, comentou que empregará todas as medidas para asegurar a recuperación da economía estadounidense. Tamén contribuía ao avance bolsista á alza do euro e diversas informacións sobre o desenvolvemento de vacinas contra o coronavirus, así como a subida de Wall Street desde a apertura.

Noticias web

18/05/2020