CRTVG

Buscar

A bolsa española gaña o 6,41%, a maior suba desde decembro de 2008

Publicado o 17/03/2020 19:01
A bolsa española gaña o 6,41%, a maior suba desde decembro de 2008
A bolsa española gañou este martes o 6,41 %, a maior subida desde decembro de 2008, e terminou preto dos 6.500 puntos, animada polas medidas dispostas en España para paliar os efectos económicos e sociais do coronavirus e polo avance de Wall Street, expectante polas axudas que se van a aprobar nos Estados Unidos. O principal indicador da bolsa española sumou 391,3 puntos, o 6,41 %, ata 6.498,5 puntos. As perdas anuais redúcense ao 31,95 %.
En Europa, mentres o euro baixaba a 1,097 dólares, case o 2 %, as principais prazas terminaban con subas: París, do 2,84 %; Londres, do 2,79 %; Frankfurt, do 2,25 %; e Milán do 2,23 %.