CRTVG

Buscar

A bolsa española creceu case un 8 %, a maior subida da última década

Publicado o 24/03/2020 23:43

O anuncio do próximo levantamento da corentena en Wuhan prendeu a euforia nos mercados financieiros. A bolsa española subiu case un 8 %, o maior crecemento da última década. Dixitos semellantes se rexistraron en Frankfurt, Milán ou Londres. Tamén Wall Street abriu con fortes ganancias, animada ademais pola perspectiva dun acordo entre demócratas e republicanos sobre un plan de estímulos de dous billóns de dólares.

Noticias web

24/03/2020