CRTVG

Buscar

A bolsa española cae o 3,6 %, pero logra a maior suba semanal do ano

Publicado o 27/03/2020 19:21
A bolsa española cae o 3,6 %, pero logra a maior suba semanal do ano


A bolsa española subiu esta semana o 5,19 %, pese ao descenso do 3,63 % rexistrado hoxe, impulsada polos plans de axuda estadounidenses para superar os efectos económicos da pandemia do coronavirus, así como pola compra de débeda polo Banco Central Europeo (BCE). Na maior suba semanal deste ano e despois de cinco semanas á baixa, o índice de referencia da bolsa española, o IBEX 35, caeu este venres 255,3 puntos, o 3,63 %, ata 6.677,9 puntos. En marzo o IBEX perde aínda o 22,3 % e desde o comezo de ano, o 29,02 %. No resto de Europa, Londres caeu hoxe un 5,25 %; Frankfurt, un 3,68 %; París, un 4,23 %; e Milán, un 3,15 %.

 

Noticias web

27/03/2020