CRTVG

Buscar

A bolsa pisa o freo e rexistra perdas tras unha semana á alza

Publicado o 27/03/2020 14:52
A bolsa pisa o freo e rexistra perdas tras unha semana á alza

Os mercados europeos pisan hoxe con forza o freo e a bolsa española non é allea a esa tendencia, que racha coas subas rexistradas ao longo da semana.

Así, o Ibex 35 rexistra perdas cercanas ao catro por cento e cerca de sete mil puntos. A pesar das medidas de impulso económico aprobadas na maior parte dos países, a gran incertidume que está a provocar a nivel mundial a pandemia do coronavirus fixo que hoxe volvesen os números en vermello aos mercados.

Con todo, e tras unha escalada de luns a xoves que chegou ao nove por cento, é probable que esta semana marque a fin de cinco semanas consecutivas de caídas.

Os valores bancarios son os máis penalizados, con Bankia á cabeza das perdas tras anunciar a suspensión do pago do dividendo extraordinario correpondente a 2019.

Totalmente oposta é a tendencia de Pescanova, que rexistra este venres a maior suba, dun 46 por cento, tras anunciar Abanca a oeración que a converte en accionista maioritaria da empresa de peixe conxelado.