CRTVG

Buscar

A bolsa de Nova York pecha para operar só electronicamente

Publicado o 18/03/2020 23:04
A bolsa de Nova York pecha para operar só electronicamente

A Bolsa de Nova York anunciou este xoves que vai pechar temporalmente o seu parqué e funcionar unicamente con operacións electrónicas como precaución ante a pandemia do coronavirus.

Nun comunicado, a bolsa neoiorquina explicou que o novo formato comezará a utilizarse á apertura do próximo luns e que todos os mercados que opera seguirán funcionando nos horarios habituais.

A decisión, segundo a nota, é unha medida de precaución para protexer a saúde dos empregados e dos operadores ante o avance do COVID-19.