CRTVG

Buscar

A bolsa de Madrid recupérase timidamente da peor sesión en dous anos

Publicado o 03/10/2019 15:25

O IBEX 35 volve ao verde, pero segue por baixo dos 9.000 puntos. Onte caeu un 2,77 por cento. Tamén recuperan os principais mercados europeos, agás Londres, que segue con perdas.

Ao medo dos investidores a unha nova recesión e ás incertezas sobre o brexit, súmase un elemento máis: os aranceis dos Estados Unidos aos produtos europeos como resposta ás axudas a Airbus.

Noticias web

03/10/2019