CRTVG

Buscar

A bolsa de Madrid recupera os 7.000 puntos tras pechar cunha suba do 2,3%

Publicado o 07/04/2020 18:04
A bolsa de Madrid recupera os 7.000 puntos tras pechar cunha suba do 2,3%


O IBEX 35 logrou pechar por encima da barreira dos 7.000 puntos este martes, tras avanzar un 2,3% nun contexto en que a propagación do coronavirus podería iniciar o camiño da estabilización en Europa. O selectivo español sumou a súa terceira sesión consecutiva en verde, nun escenario en que o número de contaxios mantén a súa tendencia á baixa.

O resto de principais bolsas europeas tamén pecharon en positivo, con avances do 2,06% en Londres, do 2,12% en París, do 2,79% en Frankfurt e do 2,19% en Milán

Noticias web

07/04/2020