CRTVG

Buscar

A bolsa de Madrid perde outro 3% por mor da crise do coronavirus

Publicado o 10/03/2020 19:30

Todo apuntaba a unha xornada de rebote nos mercados tras o luns negro. A media mañá, o IBEX 35 recuperaba case a metade das perdas sufridas 24 horas antes. Pero foi un espellismo: as noticias sobre as novas medidas para conter a pandemia reavivaron o medo , e o selectivo español pechou sesión con perdas de máis dun 3%.

Queda a niveis de agosto de 2012. Só 8 dos 35 valores do IBEX rexistraron números verdes: dos grandes, o máis beneficiado foi Repsol. Sentoulle ben a recuperación dos prezos do cru: o barril de brent, referencia para Europa, que este luns perdera un 24% do seu valor, recuperou un 7, ata os 37 dólares. E iso que a guerra entre Arabia Saudita e Rusia non dá tregua. Moscova respondeu á advertencia árabe de inundar o mercado de petróleo barato coa ameaza de facer o mesmo. Din que teñen reservas para manter o pulso durante unha década.

Noticias web

10/03/2020