CRTVG

Buscar

A bolsa de Madrid dispárase máis dun 7% na última sesión da semana

Publicado o 09/04/2020 18:22
A bolsa de Madrid dispárase máis dun 7% na última sesión da semana

O Ibex 35 concluíu a semana cun ascenso do 7,43%, o que levou ao selectivo a situarse nos 7.070,6 enteiros no peche da sesión deste xoves, cando terminou cun impulso do 1,71%, tras coñecerse o novo paquete de estímulos para elevar a capacidade de préstamo en 2,3 billóns de dólares por parte da Reserva Federal de Estados Unidos. Os investidores coñeceron esta xornada que no últimas tres semanas a crise xerada polo coronavirus Covid-19 provocou a destrución de 16,8 millóns de empregos nos EUA.

O resto das principais bolsas europeas tamén finalizaron a xornada en verde, con ascensos do 2,81% no caso do Ftse 100 de Londres, do 2,22% para o Dax de Frankfurt e do 1,17% para o Cac 40 de París este xoves.

Noticias web

09/04/2020