CRTVG

Buscar

A bolsa de Madrid cae un 2,88% en plena crise no prezo do petróleo

Publicado o 21/04/2020 18:08
A bolsa de Madrid cae un 2,88% en plena crise no prezo do petróleo

O IBEX 35 pechou a sesión deste martes cunha caída do 2,88%, o que levou o selectivo a situarse nos 6.634 enteiros, nunha xornada en que o prezo do barril de petróleo West Texas Intermediate (WTI), de referencia para os Estados Unidos, abandonou o terreo negativo despois de tocalo onte por primeira vez na súa historia e chegar a caer ata situarse en -40,08 dólares por barril. Ao peche do mercado europeo, o petróleo WTI cotizaba en 5,18 dólares, mentres que o cru brent, de referencia para Europa, perdía a cota dos 20 dólares por barril, cun descenso superior ao 5%.

Neste contexto, as bolsas europeas seguiron tamén o selectivo español con caídas do 2,85% para o Ftse 100 de Londres, do 3,56% para o Cac 40 de París, do 3,88% para o Dax de Frankfurt e do 3,26% para o Mib de Milán. 

Noticias web

21/04/2020