CRTVG

Buscar

A bolsa de Madrid cae un 14% na peor sesión da historia

Publicado o 12/03/2020 18:07
A bolsa de Madrid cae un 14% na peor sesión da historia


O IBEX 35, o selectivo da bolsa española, caeu hoxe un 14,06 %, o maior descenso desde que existe este índice, a pesar das medidas adoptadas polo Banco Central Europeo (BCE) para facer fronte ao impacto económico derivado da expansión do coronavirus.

As compañías turísticas e os bancos son os máis afectados. Esta caída vai na liña do resto de bolsas europeas, con descensos superiores ao 10%. Wall Street tamén vive unha xornada negra, na que chegou a paralizar operacións ante as fortes perdas. O prezo do petróleo tamén segue en caída libre ante o temor a que se free a demanda pola expansión do coronavirus.