CRTVG

Buscar

A bolsa comeza o ano en vermello pola caída da actividade industrial na China

Publicado o 02/01/2019 14:54

A bolsa comeza o ano en vermello pola caída da actividade industrial na China

Tinguido de vermello. Así podemos resumir o ano que deixamos na bolsa e, de momento, o primeiro día de actividade. Hai doce meses o Ibex estaba nos 10.600 puntos. Hoxe, apenas nos 8.400. E en qué se traducen este números. Pois significan que as empresas gañaron moito menos. É máis, significa que perderon. E se as empresas perden, perdemos todos.

En cifras, a bolsa española perdeu máis de 90.000 millóns de euros. E por que perderon tanto as nosas empresas? Nunca hai un só motivo. As tensións comerciais entre estados unidos e A China, as dúbidas do brexit e a retirada de estímulos do BCE son algunhas das causas. Por certo, esta última, afectará moitos petos porque significa que os tipos de xuros que pagamos polas hipotecas van á alza. O euríbor vai seguir subindo e todos iremos pagando máis polos cartos que nos prestan os bancos.

A pantasma dunha nova recesión económica tampouco axuda a ser optimistas. Haberá que ter os ollos no exterior, con Brasil como un dos puntos fortes. 2018 foi un mal ano ata para Inditex, pero sobre todo para os bancos. O diñeiro buscou refuxio no sector enerxético. Estas empresas son as únicas que salvaron o ano con ganancias.




 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/01/2019