CRTVG

Buscar

A bolsa baixa o 1,74% tras a decisión de paralizar actividades non esenciais

Publicado o 30/03/2020 19:58
A bolsa baixa o 1,74% tras a decisión de paralizar actividades non esenciais

A bolsa española baixou o 1,74 % e perdeu o nivel dos 6.700 puntos prexudicada por factores como a extensión do parón da actividade a outros sectores produtivos en España ou a recomendación do Banco Central Europeo de suspender o pago do dividendo aos bancos, segundo datos do mercado.

O IBEX 35, baixou 118 puntos, o 1,74%, ata 6659,9 puntos. No ano, o selectivo acumula un retroceso do 30,26% e en marzo o 23,65%. Porén o resto das grandes prazas de Europa subiron: Frankfurt, o 1,9%; Londres, o 0,97%; París, o 0,62%; e Milán, o 0,3%.

A bolsa española comezaba a sesión con perdas moderadas, ao redor do 1,5 %, nas que influía o  descenso de  Wall  Street o venres e das prazas asiáticas. A bolsa ía despois aos mínimos do día cunha baixada do 4%. Finalmente, as subidas de Wall Street permitían estabilizar a caída do parqué español ao termo da súa sesión.