CRTVG

Buscar

'A boca do monte', último libro de Celia Díaz

Publicado o 02/06/2016 12:47

Mestura acontecementos históricos nas terras de Quiroga coa vida dos personaxes xurdidos da súa imaxinación

Imos facer unha viaxe longa, á época do imperio romano; pero non marchamos de Galicia, quedamos no sur da provincia de Lugo, por terras de Quiroga, máis concretamente no túnel de Montefurado.

A súa construción é o comezo deste paseo pola historia real, pero salpicada da fantasía e da ficción propias dunha novela.

'A boca do monte' o último libro de Celia Díaz que mestura eses acontecementos históricos coa vida dos personaxes xurdidos da súa imaxinación. Hoxe está aquí con nós para contarnos un pouco máis do que agocha esta obra.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/06/2016