CRTVG

Buscar

Bos días

A bióloga do CSIC Aida Fernández Ríos é unha das falecidas no atropelo de Moaña

Publicado o 24/12/2015 09:35


Conmoción no Morrazo e na comunidade científica polo accidente en que morreron atropeladas dúas mulleres en Moaña. O mozo de 20 anos que as atropelou deu negativo en alcol e drogas. Unha das vítimas é Aida Fernández Ríos, bióloga do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo, recoñecida internacionalmente polos seus estudos sobre os efectos da contaminación atmosférica no océano.

Aida Fernández Ríos, de 68 anos, desenvolvía o seu labor no Instituto de Investigacións Mariñas, o centro que o Consello Superior de Investigacións Científicas ten en Vigo. Desde aquí liderou un estudo internacional que probou o efecto que a contaminación por dióxido de carbono, o gas do efecto invernadoiro, ten na acidificicación da auga dos mares e das especies que os habitan.

A prestixiosa oceanógrafa ingresara este verán na Real Academia das Ciencias. A súa vida rematou tráxicamente pouco despois das nove da noite deste luns, no atropelo ocorrido na parroqruia de Meira, en Moaña, a onde acudira visitar a unha amiga que tamén faleceu no accidente. A conmoción no lugar é grande porque o condutor do coche, un mozo de 20 anos, tamén é veciño da zona. A policía local de Moaña, encargado do atestado, continúa coa investigación para precisar as circunstancias do accidente.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

24/12/2015