CRTVG

Buscar

A Biblioteca Nacional percorre a vida de Concepción Arenal a través de 120 pezas no 200 aniversaio do seu nacemento

Publicado o 15/12/2020 21:59

Este ano fixéronse 200 anos do nacemento en Ferrol da pensadora Concepción Arenal. Experta en dereito, xornalista, poeta e autora dramática, considerada precursora do traballo social en España, pero unha grande descoñecida polo púbico.

A Biblioteca Nacional e Acción Cultural Española acaban de presentar a mostra Concepción Arenal, a paixón humanista. 1820-1893, con que renden homenaxe a esta muller de intensa paixón por coñecer, por comprender e mais por contribuír á mellora do noso mundo.

Concepción Arenal foi pioneira na loita pola defensa da dignidade dos presos e da necesidade de incorporalos á sociedade.

Esta mostra súmase á que xa puidemos visitar en Fonseca organizada pola USC, que rematou o pasado novembro.




















 

Noticias web

15/12/2020