CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Serán

A biblioteca Luis Rei de Cambados, galardoada pola Fundación Biblioteca Social

Publicado o 03/05/2016 20:54

Imos coñecer agora a biblioteca de Cambados, porque acaba de ser premiada. O programa de actividades deseñado por María Vázquez, técnica de Cultura de Cambados, valeulle este recoñecemento como a mellor biblioteca de España.

Hai tempo que en Cambados a biblioteca municipal Luis Rei é máis que un simple contedor de libros. Cada tarde unha media de cincuenta nenos de entre 6 e 12 anos participan nas actividades programadas.

María Vázquez é a responsable de que o programa se leve a cabo cada ano. Canto conta Cambados! Naceu en 2014 como unha forma máis de organizar as actividades. Esta iniciativa permitiu implicar distintos colectivos sociais e foi elixida como a mellor de España pola Fundación Biblioteca Social.

Grazas á participación de organizacións e asociacións como a protectora de animais de Cambados, leváronse a cabo actividades como xornadas de contacontos con animais.

Os veciños da localidade cambadesa convertéronse nos protagonistas dos contos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí