CRTVG

Buscar

Arxentina conta cun tesouro para os amantes da nosa literatura: a Biblioteca Galega

Publicado o 11/01/2018 15:22

 

Hoxe celébrase o Día do Usuario das Bibliotecas e A Arxentina conta cun pequeno tesouro para investigadores e amantes da nosa literatura: A Biblioteca Galega de Bos Aires. 

Creada hai xa unha década, a Biblioteca Galega de Bos Aires Antonio Pérez Prado vén de recibir unha distinción do Parlamento porteño  polo seu destacado rol social, cultural e educativo, e polo aporte que fai á hora de dar acceso ó coñecemento a tódolos arxentinos. Mergullámonos no seu valioso arquivo histórico para coñecer de primeira man a relevancia do seu patrimonio. 

"A Biblioteca Galega de Bos Aires é un espazo único na cidade. Temos un público  que se achega para buscar a última novela de Manuel Rivas, ou un conto para nenos en galego. Por outra banda temos un público moi especializado, tanto arxentino como estranxeiro, que veñen á nosa casa porque saben que temos un acervo bibliográfico moi importante a parir do cal poden iluminar as súas propias investigacións cando abordan temas que teñen que ver coa presenza dos galegos na Arxentina". 


A institución contra con máis de 20.000 volumes no seu arquivo, entre os que se atopan auténticas xoias para os estudosos, coma unha importante colección sobre o exilio galego, unha ampla hemeroteca cos xornais da emigración e edicións reservadas.

(CORTE 2:) Hebe Mabel Otero - Responsable de actividades culturais"Tenemos la suerte de contar con un material que nos supera por lo cual necesitamos ampliar los espacios de la casa". 
Acollen tamén un grupo de lectores en galego e outras actividades divulgativas.  A institución agarda seguir medrando para chegar cada día a novos lectores.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/01/2018