CRTVG

Buscar

A biblioteca de Camariñas fomenta o intercambio cultural durante o confinamento

Publicado o 23/03/2020 21:06

"Neste 500 aniversario de Leonardo da Vinci, quero facerlle unha homenaxe recordando estes deseños que realizaba". Daniela é unha das usuarias de Destronavirus, unha iniciativa da biblioteca municipal de Camariñas para as horas de confinamento.

Ana Martínez é bibliotecaria en Camariñas e di que se trata de destronar o coronavirus, "quitarlle as honras, a coroa e desterralo das nosas vidas a través do intercambio cultural e a participación de todos os veciños", conta a bibliotecaria municipal de Camariñas.

Queren achegar así a biblioteca a todos os fogares a través das distintas manifestacións culturais e artísticas. "A literatura, música, maxia, artes escénicas, gastronomía, xogos de entretemento. Os usuarios de calquera biblioteca poden mandarnos vídeos ou audios con relatos, cancións, bailes, recomendacións de libros, lecturas dalgún fragmento significativo para el ou para ela", enumera Martínez.

Os interesados xa poden participar e facer o intercambio.

 

Noticias web

23/03/2020