CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

A Batalla das Flores enche de cores e música as rúas de Pontevedra

Publicado o 17/08/2018 21:37



Un dos eventos máis esperados en Pontevedra coas festas da Peregrina é a Batalla das Flores. Máis de dez carrozas percorren as rúas para enchelas de cores e música. Unha festa que, din, nunca defrauda.


Diversas temáticas e un único fin: encher a rúa de cores.

Ca historia xa coñecida, a Batalla das Flores é un dos eventos máis esperados. Este ano, ata 11 carrozas fixeron gozar, sobre todo, aos cativos. Detrás delas, moito traballo.

Neste combate atopámonos de todo: piratas, cabezudos, xigantes... ata o móbil está presente.

En definitiva, unha das mellores celebracións para comezar a despedir as festas da Peregrina.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

17/08/2018