A Barbanza vive o inverno máis chuvioso do últimos sete anos
Dos 48 días que levamos de inverno rexistrouse choiva en 33. A Barbanza pode dividirse en dúas.
No sur, A Pobra, Rianxo e Ribeira, e ao norte Mazaricos, Muros, Outes ou Lousame. Son estes últimos concellos concellos os que rexistran ata un 35 % máis días de choiva.
En Mazaricos só viron o sol en 11 dos 48 días que van de inverno. Hai que remontarse ata 2014 para atopar outra estación con maior volume de precipitacións. Os pluviómetros que Meteogalicia ten instalados na comarca en 33 dos 48 días que van de inverno recolleron choiva.
Os veciños de Mazaricos din: "Eu creo que hobo invernos que choveu máis, pero así tan seguido non". "O inverno ata agora non foi moi forte pero agora, frio e choiva". "Nas pradeiras non fixo moito dano pero as leiras que están traballadas botou todo a perder." "Aos gandeiros claro que lles afecta non poden fertilizar, non poden facer moitos traballos".
O ríos aumentanron o caudal un terzo máis. O Xallas superou as 100 metros cúbicos, 100.000 litros de auga, por segundo e un nivel máximo de máis de dous metros e medio de altura. Datos que non se rexistraban desde decembro de 2018. Un volume de auga que inflúe nos encoros, como o da Fervenza, que está ao 80 por cento da súa capacidade, 13 puntos por riba da media da última década. Porcentaxe semellante de ocupación rexistra o de Santa Uxía e o Barrié de la Maza, que recuperou seis hectómetros cúbicos de auga en menos dun mes.