CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

A banda irlandesa U2 anuncia un segundo concerto en Madrid para o 21 de setembro, despois de esgotar as entradas para o día 20

Publicado o 26/01/2018 15:29
Xa non quedan entradas para o concerto de U2 en Madrid o próximo 20 de setembro. Saíron hoxe á venda e quedaron esgotadas ás poucas horas.



Porén, a banda liderada por Bono anuncia que dará un segundo concerto ao día seguinte, o 21 de setembro. As entradas para esta nova data sairán á venda o próximo 2 de febreiro, a un prezo entre os 35 e 195 euros.
A xira mundial de U2 chegará a Europa a finais de agosto, e pasará por cidades como París, Ámsterdam ou Londres. As de Madrid serán as únicas oportunidades no noso país para ver o grupo irlandés.