CRTVG

Buscar

Bos días

A banda Crebinsky estrea novo disco este venres en Compostela

Publicado o 22/09/2017 11:01

Así pechamos este 'Bos días' de case tres horas. A actualidade continúa nos informativos desta casa e cada hora nos boletíns da Radio Galega. Hoxe marchamos coa banda galega Crebinsky. Estrean disco e videoclip que van ver e escoitar deseguida, é do disco 'Zirkus AffeIR', o seu terceiro traballo. Propoñen unha nova viaxe cun son máis mediterráneo e cun directo contundente dos 8 músicos sobre o palco. Preséntano esta noite na Sala Capitol de Santiago. Deixámolos con eles.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

22/09/2017