CRTVG

Buscar

A banca española gaña un 23% máis

Publicado o 25/04/2019 20:59

Os bancos españois gañaron en 2018 un 23% máis ca o ano anterior. Segundo os datos ofrecidos pola Asociación Española de Banca, os beneficios das 13 entidades nacionais rozaron os 15.000 millóns de euros. Aumentaron tanto os depósitos como os créditos, aínda que a clave da melloría está en que os bancos tiveron que destinar menos cartos a provisións para facer fronte a imprevistos.

Noticias web

25/04/2019