CRTVG

Buscar

A banca encarece as hipotecas

Publicado o 10/04/2019 20:14
A banca encarece as hipotecas

Baséase nunha enquisa sobre empréstitos que acaba de realizar o organismo supervisor. Detectou que no primeiro trimestre deste ano os bancos aumentaron o número de solicitudes de hipotecas rexeitadas. Ademais, os empréstitos concedidos son máis caros: a taxa medida de xuro subiu por terceiro mes consecutivo e está no 2,38%.

Todo apunta a que as entidades estarían repercutindo nos clientes o custo do Imposto de Actos Xurídicos Documentados. Lembremos que desde novembro, son os bancos os que están obrigados a asumir este tributo. Curiosamente, a pesar de todo disto, a demanda de hipotecas aumentou nos primeiros tres meses do ano.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/04/2019