A baixura galega mobilízase contra o regulamento de control da UE
A frota de baixura galega mobilízase contra as modificación do regulamento de control que pretende introducir a Unión Europea. As máis de 3.800 embarcacións galegas de pesca artesanal pararán este venres e concentraranse nos portos para facer visible o seu malestar.
"Entendemos que hai un descoñecemento absoluto das nosas circunstancias como frota costeira artesanal, embarcacións de 12 a 4 metros onde polas nosas característica é case imposible aplicar todos eses criterios", denuncia Ruperto Costa, vicepresidente da Federación Galega de Confrarías.
A obrigación de rexistrar as capturas electronicamente ou que todas as embarcacións estean xeolocalizadas, son algunhas das medidas que maior rexeitamento concitan entre a baixura galega.
"Non se entende como traballamos cando se teñen que poñer estas normas. Son inaplicables, estamos todos xuntos, estamos preto da costa, vimos a terra todos os días, xa temos corenta mil normas enriba. Que máis queren? Pois non, a xente nos está disposta a pasar polo aro, eh", explica Costa.
O sector pide a retirada das modificacións e non descarta mobilizacións máis contundentes se as súas demandas non son atendidas.