CRTVG

Buscar

A baixada da produción e a alta mortaldade, os principais problemas da apicultura en Galicia

Publicado o 31/01/2020 13:42

No medio do que debería ser o máis cru inverno, as colmeas están cheas de abellas que levan pole. Para os apicultores galegos, este é un sinal inequívoco do cambio climático, ao que atribúen o drástico descenso da produción dos enxames nas últimas décadas.

Marcos Varela, apicultor: "Onde antes unha colmea producía 20 ou 30 quilos, se hoxe chegas a 15 ou 20 quilos xa te dás por contento."

A alta mortaldade das abellas é outro dos grandes problemas que afrontan os apicultores galegos. Ademais dos pesticidas e dos ácaros do xénero varroa, nos últimos anos veu sumarse a avespa velutina.

Marcos Varela, apicultor:
"Cada vez temos menos abellas, que producen menos, e o pouco mel que producimos cada vez ten un prezo máis baixo e temos que competir máis no mercado."

Pero non todo é negativo. A diferenciación do mel galego favorece a súa comercialización fronte aos meles importados de Asia.

Marcos Varela, apicultor: "Os compañeiros apicultores españois téñeno un pouco máis cru, porque o seu mel non están tan diferenciado coma o noso. En canto a vendas, o noso sector está máis favorecido."

Actualmente hai en Galicia unhas 170.000 colmeas censadas.
 

Noticias web

31/01/2020