CRTVG

Buscar

A baía de Santa Cruz, en Oleiros, tínguese de marrón

Publicado o 08/11/2019 13:58

A baía de Santa Cruz, en Oleiros, está tinguida de marrón. A chuvia intensa dos últimos días provocou un gran arrastre de terra procedente, supostamente, das obras da urbanización de vivendas e o campo de golf de Xaz, que deixou esta imaxe. A vertedura está a afectar tamén o regato que atravesa o parque dos Parrulos e a desembocadura da praia.

Non é a primeira vez que acontece algo similar. Xa o ano pasado, a Xunta abriulle dous expedientes sancionadores á empresa que executa estes traballos, que supuxeron a deforestación dun millón de metros cadrados.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/11/2019