CRTVG

Buscar

A badalada da validación dos decretos reverbera na precampaña do 28-A

Publicado o 04/04/2019 08:50

Pedro Sánchez. PSOE: "Acabamos de enviar unha mensaxe de compromiso á cidadanía e tamén de determinación á dereita, este Goberno vai gobernar ata o último minuto desta lexislatura e se os españois queren tamén seguiremos gobernando a partir do primeiro minuto da lexislatura a partir do próximo 28 de abril".

Sánchez referíase nun mitin en Huelva así aos decretos validados no Congreso dos Deputados, que recuperan o subsidio para os parados de máis de 52 anos e as cotizacións das persoas que coidan dependentes. Tamén o rexistro horario automático para que os traballadores cobren se fan as xornadas a tempo completo ou as horas extras.

3 millóns de horas extras á semana que os traballadores en España estaba deixando de cobrar. Unidas Podemos considera que o rexistro pode ser un método opaco. Yolanda Díaz lamenta, ademais, que o Goberno non abordase a derogación da reforma laboral.

Iolanda Díaz, En Común-Unidas Podemos: "Ímonos cunha evidencia e é que o PSOE, tal e como fai tamén nas súas 110 propostas, renuncia a derrogar a reforma laboral e colócase do lado dos que mandan neste país".

Para Ciudadanos, son medidas que, por non partir da negociación cos empresarios, poden acabar danando os traballadores.

Albert Rivera, Ciudadanos: "Isto non se fai con decretazos de salarios mínimos. Iso faise con competitividade das empresas, con modernización e innovación do noso tecido empresarial e, desde logo, con pacto e acordo entre axentes sociais, non con decretazos impostos polo señor Iglesias que provocan ás veces o contrario do que pretendemos".

E o PP votou en contra de todas as medidas e criticou que os decretos fosen votados favorablemente por Podemos e Bildu.

Pablo Casado, PP: "Para pagar á custa dos nosos impostos uns reais decretos demagóxicos. Para aprobar eses reais decretos electoralistas tamén vemos que lles valen os votos dos 'batasunos'".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/04/2019