CRTVG

Buscar

A bacía do Miño superará os 40 graos tras máis dun mes fervendo

Publicado o 06/08/2020 14:58

A sombra e beber moito é o mellor para combater esta intensa calor. O risco de sufrir deshidratación ou un golpe de calor é hoxe moi alto, reduza a actividade física, recomendan, nas horas centrais do día. E para evitar queimaduras, non esqueza a protección solar.

Soben máis os termómetros aínda, cando levan máis dun mes fervendo. Onte en Leiro chegaron aos 39 graos e medio, en Ourense 39. Hoxe en toda a cunca do Miño poden acadarse, segundo Meteogalicia, os 41.

Non sufrimos unha calor tan sufocante en xullo en Galicia dende que hai rexistros, e agosto parece que vén moi quente tamén. E cada quen leva esta calor segundo as súas preferencias.

Os servizos de emerxencia emitiron ata as oito da tarde unha alerta laranxa no sur de Lugo e na zona do Miño de Ourense por temperaturas máximas.

Noticias web

06/08/2020