A axuda non só é necesaria para os doentes de alzhéimer, senón tamén para os seus coidadores
Publicado o 21/09/2021 17:09
Hoxe, 21 de setembro, conmemórase o Día Mundial do Alzhéimer, unha doenza crónica sen cura que en Galicia afecta case 73.000 persoas. Canda elas tamén sofren de primeira man esta enfermidade as familias, os coidadores.
Os expertos subliñan a importancia da detección precoz e de pedir axuda. Galicia conta con diversos centros especializados. Esta mañá inaugurabase no concello lugués de Friol un centro de día para persoas con alzhéimer con capacidade para 14 persoas.