CRTVG

Buscar

Sánchez e Torra acordan reunirse tras a formación do Goberno

Publicado o 09/01/2020 09:56

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, e o da Generalitat de Cataluña, Quim Torra, acordaron manter unha reunión tras a formación do Executivo en España para retomar o diálogo.

Fixérono nunha conversación telefónica que, segundo fontes de Moncloa, foi cordial en todo momento e na que ambos os dirixentes abordaron a situación política actual.

A reunión entre ambos terá lugar unha vez se forme o gabinete de coalición que está a deseñar Sánchez e que, previsiblemente, non se coñecerá ata a próxima semana.

Na súa conversación, que se produciu esta mañá ás 9.30 horas e que durou uns sete minutos, non concretaron aínda se o encontro terá lugar en Madrid ou en Barcelona, segundo as fontes.

Sánchez trasladou a Torra que quere recomezar e retomar o diálogo e tamén a súa "vontade sincera" de tentar arranxar o conflito político en Cataluña.

Noticias web

09/01/2020