CRTVG

Buscar

Desde hoxe, a Axencia Tributaria permite consultar os datos fiscais

Publicado o 15/03/2019 17:04
Desde hoxe, a Axencia Tributaria permite consultar os datos fiscais

O arranque da campaña da renda non será ata o vindeiro 2 de abril e poderá facerse a declaración de Facenda ata o primeiro de xullo. De momento, a Axencia Tributaria pon a disposición dos contribuíntes os datos fiscais, que se poderán consultar, ben a través da web do organismo ou da súa app.

Entre as novidades deste ano, que as prestaciós por maternidade e paternidade estarán exentas de tributar, así que os contribuíntes que tiveron retencións o ano pasado terán que comprobar que aparecen así no borrador da súa declaración a Facenda.

Outra das novidades é o aumento da dedución por maternidade por gastos en garderías ou centros de educación infantil autorizados e a nova deducción por cónxuxe que sexa discapacitado e dependa economicamente do contribuínte. Tamén aumentan as deducións para familias numerosas, de 600 euros por cada un dos fillos a partir do cuarto.

Novidades tamén para os autónomos, que atoparán novos apartados para gastos por subministracións e manutención. O que si desaparece é a chamada "predeclaración" da renda en papel para evitar duplicidades.




 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/03/2019