CRTVG

Buscar

A Axencia Tributaria intervén máis dunha tonelada de cocaína que ía cara a Vigo

Publicado o 13/08/2021 21:11
A Axencia Tributaria intervén máis dunha tonelada de cocaína que ía cara a Vigo

A Axencia Tributaria interviu máis dunha tonelada de cocaína que viña cara a Vigo. A droga procedía de Ecuador e entrou en España polo porto de Valencia. Viña oculta nun contedor cun sistema de dobre fondo no teito e na base da estrutura. No resto do contedor, había alimentos conxelados. A operación foi posible grazas á colaboración coa Policía Nacional e a Garda Civil.

 

Noticias web

13/08/2021