CRTVG

Buscar

A Axencia Europea do Medicamento analiza a vacina de Curevac

Publicado o 12/02/2021 20:57

A Axencia Europea do Medicamento comeza a última fase da análise sobre a vacina contra a Covid-19 de Curevac. A farmacéutica alemá emprega a mesma tecnoloxía que os tratamentos de Pfizer e Moderna e está agora mesmo realizando os ensaios clínicos en persoas. Para saber cando podería autorizarse imos ata Bruxelas.

Non hai unha data fixada e os prazos dependen de canto tarde Curevac en practicar esa última fase de ensaios en persoas. E de se os resultados amosan unha alta protección fronte ao virus. A de Curevac é a terceira en estudo pola Axencia Europea do Medicamento.

A de Janssen, filial de Johnson&Johnson, está en análise dende o 1 de decembro e ofrece unha baixa inmunización, só do 66%. A da estadounidense Novavax dende comezos de mes e a súa eficacia de case o 90% aínda non está garantida. Ningunha ten unha posible data para ser aprobada.

Serían novos tratamentos para axudar as campañas de vacinación dentro da UE, que van moi lentas. Este venres, a Comisión Europea insistiu no obxectivo de vacinar o 70% da poboación adulta para  21 de setembro, coincidindo co final do verán.

Noticias web

12/02/2021