CRTVG

Buscar

A Axencia Espcial Internacional fai 20 anos

Publicado o 20/11/2018 21:03

O 20 de novembro de 1998, un foguete ruso poñía en órbita o primeiro módulo da Estación Espacial Internacional, a pequena comunidade científica que orbita a 400 quilómetros da Terra.
A cooperación das axencias espaciais europea, estadounidense, rusa, xaponesa e canadense fixo posible o éxito deste proxecto, a maior infraestrutura humana colocada no espazo e que desde novembro do ano 2000 está permanentemente habitada.

Dous astronautas rusos e un estadonidense integraron a primeira tripulación da estación espacial, e 57 misións despois agora son un ruso, un estadounidense e un alemán os habitantes do módulo que serán relevados proximamente. O único español que pisou a estación é o actual ministro de Ciencia, Pedro Duque.

Cun peso de 400 toneladas e as dimensións equivalentes a un campo de fútbol, a estación dá diariamente 16 xiros completos arredor da Terra, a unha velociadade duns 28.000 quilómetros por hora.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/11/2018