CRTVG

Buscar

A Axencia Española de Medicamentos detecta problemas de subministración en 560 fármacos

Publicado o 21/07/2019 14:51

No que vai de ano, a Axencia Española de Medicamentos recibiu preto dun milleiro de notificacións relacionadas coa falta de subministración de 560 fármacos. Supoñen un 25% máis ca no semestre anterior e xa superan as rexistradas en todo o 2017. O grupo máis afectado é o do sistema nervioso central, seguido do cardiovascular.

Para tentar atallar o problema, a Axencia española acaba de poñer en marcha un plan de garantías baseado en tres piares fundamentais: prevención, intervención e información.

Os colexios oficiais detectaron outros 150 medicamentos con dificultades de subministración non cuantificados de xeito oficial. O sector pídelles ás administracións medidas concretas para evitar tensións entre países pola política de prezos e que se conte máis coa rede de farmacias na procura dunha solución.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/07/2019