A Axencia do Medicamento: atrasar a segunda dose unha semana non resta eficacia

A Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios ( AEMPS) aclarou este venres que atrasar unha semana a segunda dose da vacina desenvolvida por Pfizer/BioNTech, de forma que se administre entre 21 e 28 días despois da primeira, non inflúe no seu nivel de eficacia.
Fíxoo nun comunicado lanzado para "evitar confusións tanto por parte de profesionais sanitarios como da cidadanía" e deixar claro que "atrasar a segunda dose de Cominarty por un período de tempo curto non vai diminuír a protección".
"Un atraso dunha semana, que pode ser necesario por motivos de loxística, das condicións da persoa que recibirá a vacina, ou de axustes na actividade asistencial, non se espera que teña impacto na eficacia da vacinación", subliña a axencia dependente do Ministerio de Sanidade.
A ficha técnica do preparado establece unha separación "de polo menos 21 días" entre a primeira e a segunda dose, aínda que as análises de eficacia incluíron participantes que recibiron a última picada entre 19 e 42 días debido a que, por diversos motivos, algúns deles non puideron facelo na datas previstas. "