CRTVG

Buscar

A axencia de Doazóns pide solidariedade, xa que no verán non remite a necesidade de sangue

Publicado o 27/07/2019 16:23

A voceira da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue, Ángeles Pazos, advirte que malia que en Galicia somos doadores, nos relaxamos. "Non somos conscientes de que este é un traballo do día a día. Agora mesmo estamos ao redor do cuarto ou quinto lugar en taxe de doazóns a nivel nacional, pero temos unha poboación moi envellecida é dicir non hai unha renovación xeracional e normalmente o peso da doazón recae sempre sobre as mesmas persoas. O noso obxectivo é que todos os galegos que nos atopamos en condicións de doar ao menos unha vez ao ano nos lembremos de facelo".

Os hospitais galegos precisan unhas 10.000 doazóns de sangue ao mes, cifra que no diminúe no verán, senón que pola contra é cando máis dificultades se atopan polas vacacións, os desprazamentos e o aumento de accidentes de tráfico. Por iso a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) fai un chamamento á solidariedade. Recórdannos que unha muller pode facer ata tres doazóns ao ano e un home catro. Os requisitos...

"Ter máis de 18 anos, pesar máis de 50 quilos e non padecer, nin ter padecido enfermidades transmisibles polo sangue, pois como serían o caso da sida ou das hepatites de tipo B ou C. Sempre falamos do 0 positivo e do A positivo, porque é o grupo que ten unha maior prevalencia na poboación galega. Acudir xa almorzados e despois do xantar temos que deixar esperar entre hora e media, dúas horas"...

"Doo cando poido. O que pasa é que un está sempre atareado... co traballo e cos rapaces e todo... Entón non sempre un ten tempo. Pero intento doar todas as veces que poido, canto máis mellor, claro! Que é unha responsabilidade que temos que ter todos".

Ademais dos puntos fixos, este sábado haberá en marcha dez unidades móbiles que visitarán Ares, Cee, Rianxo, Chantada, A Estrada e Redondela.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/07/2019