CRTVG

Buscar

A Axencia de Doazóns de sangue fai un chamamento para os grupos A+, 0+ e 0-

Publicado o 22/05/2019 18:44

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue fai un chamamento á cidadanía galega para doar sangue. As reservas do grupo A positivo son as que están máis baixas. Pero tamén fan falta doazóns dos grupos cero positivo e cero negativo. Tres de cada catro galegos temos este tipo de sangue, polo que ten moita demanda nos hospitais do país.

Así que, se teñen dez minutos para salvar a vida doutros non teñen máis que achegarse a algún dos sete puntos de doazón situados nos hospitais das principais cidades ou ás dez unidades móbiles que percorren Galicia. Se queren saber onde están, non teñen máis que consultalo na páxina web da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/05/2019