A avogada Ana Camiño resolve as dúbidas sobre a nova lei de alugueiro
Publicado o 29/01/2019 14:44
Para alugar ou estar de alugueiro hai que seguir unha normativa. Falamos de tempo mínimo de alugueiro, de cantidade de fianza, do IBI, en fin, dunha chea de detalles. Hai unha lei establecida e quixeron entrar en vigor unhas modificacións que quedaron polo camiño. E en que punto nos atopamos agora mesmo? Imos sabelo coa axuda da nosa avogada colaboradora Ana Camiño.
O alugueiro para uso de vivenda habitual do inquilino está regulado pola Lei de Arrendamentos Urbanos, título II e o seu contido variou nos últimos anos.