CRTVG

Buscar

A Avogacía do Estado pide investigar 26 feridos o 1-O por agredir a policías

Publicado o 28/03/2019 19:38

Ameazas, insultos e escraches en cuarteis e nos hoteis onde se aloxaban. Así relataron os axentes ante o tribunal o que viviron en Cataluña despois do referendo.

"Dicíannos que nos ían matar, que gañaran a guerra, que eramos un asasinos", "cans, fascistas, fillos de puta", "os bombeiros sacaron os camións á porta do cuartel e poñían as sirenas e pitaban".

Dous mossos d'Esquadra relataron tamén as agresións que sofriron durante un rexistro.

"A min zarandéanme, cóllenme do chaleco antibalas, empúrranme...". "Déronnos patadas, puñadas, empurróns...".

A Avogacía do Estado apoia a petición das asociacións policiais, e pide que se investigue un grupo de votantes que se enfrontaron coa policía o 1 de outubro e que quedaron feridos. Considera que formaron unha "masa tumultuaria" contra os axentes, sabendo que o referendo estaba prohibido.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/03/2019