CRTVG

Buscar

A Avogacía do Estado defenderá os axentes destinados en Barcelona nas causas contra eles

Publicado o 31/10/2019 14:52

A Avogacía do Estado acudirá nas causas penais que se sigan contra os axentes das forzas de seguridade do Estado por actuacións no exercicio das súas funcións, anunciou este xoves a vicepresidenta do Goberno en funcións, Carmen Calvo.

O Consello de Ministros deu o seu visto e prace á encomenda que o Ministerio de Xustiza lle fixo á Avogacía do Estado para que defenda aos axentes.

E prestará asistencia xurídica aos axentes que sufrisen agresións físicas, ameazas, acusacións ou denuncias falsas contra eles.

Así mesmo, a Avogacía Xeral do Estado acudirá en nome da Administración en calquera procedemento penal cando se produciron danos e prexuízos en bens do Estado no ámbito da súa competencia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

31/10/2019