CRTVG

Buscar

A Avogacía do Estado dálles vía libre ás axudas da Deputación de Ourense aos autónomos e ás Pemes

Publicado o 16/07/2020 14:01

Vía libre para as axudas que a Deputación de Ourense lles ofreceu aos autónomos e pequenas e medianas empresas de todos os concellos da provincia con menos de 20.000 veciños. O 65 por cento dos demandantes xa recibiron estas axudas.

As axudas estaban sendo investigadas e a Avogacía do Estado conclúe que son legais.

O socialista Rodríguez Villarino dubidaba da súa legalidade, asegurou que moitas solicitudes foron rexistradas antes de que se abrira o prazo legal. Dí que debería ser a Xunta a que se pronuncie sobre a legalidade.

Preto de catro millóns de euros. É a cantidade se destinou aos autónomos e as pemes. O importe das axudas foi de 600 euros por autónomo e 1.000 para as pemes.

Noticias web

16/07/2020