CRTVG

Buscar

A Avogacía do Estado cuestiona as sancións contra os que incumpren o confinamento

Publicado o 15/04/2020 16:04

A Avogacía do Estado cuestiona as sancións contra os que incumpren o confinamento. Din que a maioría só poderían tramitarse se a persoa non lle fai caso os axentes.

Moitas das sancións propostas por incumprimento do confinamento poderían quedar en nada se finalmente se atenden as consideracións da Avogacía do Estado sobre como deben tramitarse. Na maioría dos casos aplícase a Lei de seguridade cidadá e aí está a clave. A Avogacía entende que para sancionar debe haber un requirimento previo dos axentes e unha desobediencia.

O Ministerio do Interior non comparte a opinión da Avogacía, pero para evitar suspicacias recomendan aos axentes que nas propostas de sanción recollan a conduta do infractor sen facer referencia á lei que se aplica. Os expertos reclaman instrución claras sobre os procedementos de tramitación.

Así e todo, os expertos lembran que os cidadáns teñen dereito a recorrer a sanción e acudir á vía xudicial se consideran que os seus dereitos están sendo vulnerados.

Noticias web

15/04/2020