A Avogacía do Estado apártase da causa do Tribunal de Contas contra os líderes do 'procés'
Publicado o 01/07/2021 15:16

A Avogacía do Estado retírase da causa contable contra os líderes independentistas no Tribunal de Contas. Os servizos xurídicos do Estado xustifican esta decisión porque entenden que os fondos investigados son da Generalitat, e esa é a administración que debería reclamalos.
A Avogacía alega amais que hai un precedente na consulta do 9-N, cando a súa participación foi rexeitada polo tribunal. O Tribunal Supremo rexeitou o recurso de Artur Mas contra a condena do Tribunal de Contas polos gastos desa consulta celebrada en 2014.