CRTVG

Buscar

Telexornal Serán FDS

A avespa asiática chega tamén á provincia de Ourense

Publicado o 22/08/2015 21:23
Esta especie foránea, que é xa un problema serio na provincia de Pontevedra, trae de cabeza a apicultores de Lobios e Castrelo de Miño, onde temen que acabe coas súas colmeas
O pesadelo desta apicultura de Castrelo de Miño son as avespas e se non lle chegaba coas autóctonas, as crabro, dende o ano pasado a velutina ameaza tamén as súas colmeas. Unhas e outras collen as abellas para alimentar as crías. A avéspora asiática, que supón xa un serio problema na provincia de Pontevedra, comezou a verse por Castrelo de Miño o ano pasado. Rita Pereiras garda en alcol o primeiro exemplar foráneo que matou. Na provincia de Ourense tamén está confirmada a presenza desta especie invasora na zona de Lobios onde o ano pasado destruíron tres niños de avespa asiática. Os apicultores agardan que se coute a súa expansión porque senón a produción de mel, din, verase moi afectada.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí