CRTVG

Buscar

A avenida da Mariña da Coruña é a rúa máis cara de Galicia

Publicado o 30/03/2021 20:45

As galerías da Mariña, fachada marítima da cidade vella da Coruña, é, segundo unha plataforma de taxación en liña, a zona máis cara de Galicia para mercar unha vivenda. O metro cadrado supera os 4.000 euros.

Por riba dos 3.700 euros o metro ofértanse vivendas na coruñesa praza de Lugo. É o caso deste piso. Con 4 cuartos e 3 baños repartidos en 260 m2, o seu prezo de saída é de 980.000 euros.

En Vigo, os inmobles da praza de Compostela, unha zona tranquila e de edificios singulares, é a máis cara da cidade. O metro roza os 4.000 euros. Fóra das grandes cidades despunta Sanxenxo.

Tamén está a aumentar a demanda, e os prezos, en Nigrán, Baiona e Gondomar.

Noticias web

30/03/2021