CRTVG

Buscar

A auxiliar de clínica condenada por matar unha anciá en Madrid cumprirá 20 anos de prisión

Publicado o 05/07/2019 10:54
A auxiliar de clínica condenada por matar unha anciá en Madrid cumprirá 20 anos de prisión

A Audiencia Provincial de Madrid condenou a vinte anos de prisión á auxiliar de clínica do hospital de Alcalá de Henares (Madrid) que o xurado popular considerou culpable do asasinato en 2017 dunha anciá á que lle inxectou gas nas veas.

Segundo a sentenza, pola elevada cantidade de gas detectada queda excluida "a todas luces" a hipótese de que se tratara dun accidente e se probou tamén que a axuliar se aproveitou da "situación de indefensión practicamente absoluta" na que se encontraba a vítima dada a súa idade, estado de saúde e discapacidade visual.

Xunto aos vinte anos de prisión, deberá indemnizar con 40.000 e 3.000 euros a senllos familiars da falecida, segundo di a sentenza, que declara a responsabilidade civil directa da enteidade Societé Hospitalaire Assurances Mutuelles de España e a responsabilidade civil subsidiaria do Servizo Madrileño de Saúde.

Durante o xuízo contra esta auxiliar de enfermeiría, a muller agora condenada, tamén fixo fronte a outra acusación de asasinato por un caso semellante, ocorrido en 2015, pero aínda que o xurado popular creu que había indicios da súa participación, sostivo que eses indicios non tiñan a forza para determinar que a procesada introducise o gas. Durante o xuízo, a acusada defendeu a súa inocencia e insistiu en que a ela lle gusta dar vida e non quitala.